Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.

viernes, 30 de marzo de 2012

O Día do libro e o II Concurso de fotografía "Bibliototem"


Convócase o II Concurso de fotrografía "BIbliototem", que leva por título Lectores, lectoras, lecturas. Os traballos serán expostos o día 23 de Abril, Día do libro.
Como se dí nas bases, este concurso pretende fomentar o hábito da lectura e a mirada creativa sobre este feito en todos os seus aspectos e dimensións. Está aberto á toda a comunidade educativa. Así que se queres participar, entrega as túas fotografías antes do 17 de Abril á profesora de Debuxo, Marga Esteban Muñecas.
Todos os participantes recibirán un Diploma de participación e a mellor fotografía terá premio.
Para máis información, consulta as bases que aparecen neste cartel.



jueves, 29 de marzo de 2012

CÓMICS IMPRESCINDIBLES

As vacacións de Semana Santa poden ser un bo momento para ler algúns dos cómics que, segundo o editor e escritor británico, Paul Gravett, "hai que ler antes de morrer".

Paul Gravett acaba de publicar un libro titulado precisamente 1001 cómics que hai que ler antes de morrer, no que presenta unha selección de obras imprescindibles. Para este traballo contou co apoio dun equipo de 67 expertos de 27 países diferentes.
Ao longo das súas 960 páxinas, esta publicación repasa e salienta cómics de todas as épocas e nacionalidades, destacando o manga xaponés, o cómic franco-belga ou as historietas de superheroes, nacidas na súa maioría en Estados Unidos.

Gravett compara os cómics coas historias que lía o home das caverna nos debuxos rupestres e mostra o seu asombro ante o feito de que un medio tan antigo, sen música nin efectos especiais, sobreviva ao poder da televisión, do cine ou dos videoxogos.


Propoñémosvos algúns deses cómics imprescindibles, cunha breve recensión do autor nalgúns.


Persépolis (2000), de Marjane Satrapi.  
"É o exemplo dunha obra na que un séntese moi próximo ao personaxe". 
Conta a infancia e adolescencia da autora, unha iraniana que foi enviada a un colexio austriaco pola súa familia para afastala do fanatismo relixioso.


Páxina do cómic na que se relata o momento no que no colexio de Marjane obligan ás nenas a cubrirse  cun pano


Maus (1997), de Art Spiegelman.  
Narra a historia real do pai do autor, Vladek Spiegelman, que estuvo recluído en Auschwitz. En Maus, Art Spiegelman vai máis alá do Holocausto e mostra a complexa convivencia dunha familia marcada polos horrores de tan dramático e cruel acontecemento.
 "Representa un punto de inflexión. En certo modo pódese ver que 1001 cómics está dividido case ao cincuenta por cento entre antes e despois de Maus. Porque precisamente cando se escribiu este libro, se deu ese salto a unha maior sofisticación. Spiegelman chegaba a reescribir corenta veces o mesmo bocadillo ata que quedaba satisfeito".



Gemma Bovery (1999), de Posy Simmonds.

"Non a suxiro porque sexa británica. Esta novela gráfica trouxo aos nosos días a historia de Madame Bovary"
 

Posy Simmonds utiliza  como base a obra de Flaubert para crear unha novela gráfica complexa na que se fala de adulterio e de amor, da hipocrisía dunha determinada vida provinciana, de sonos e de fracasos.



Asterios Polip (2009), de David Mazzucchelli.
"É sorprendente. Cada personaxe está debuxado cun estilo diferente".
 
Asterios Polyp conta a historia dun arquitecto que está considerado un dos mellores do mundo sen construír un só edificio e que se dedica ao ensino. A súa vida cambia completamente cando un raio cae na súa casa e pérdeo todo, o que lle lanza a unha viaxe cun propósito que descoñecemos e durante o que a súa vida se desvela ante os nosos ollos a través de numerosos flashbacks.




Mortadelo y Filemón (1958), de Francisco Ibáñez

En Mortadelo e Filemón, axencia de información, Filemón é o xefe dunha axencia de detectives e ten a Mortadelo como empregado e único axudante. As primeiras historias eran dunha soa páxina en branco e negro (salvo cando esta ocupaba a portada) con seis filas de viñetas e seguían un esquema moi sinxelo: Alguén contrata os servizos da axencia, pero ao intentar cumprir a misión, prodúcese algún equívoco que resulta nun completo fracaso desta. O descubrimento do equívoco remataba xeralmente nunha persecución.




Trazo de Tiza (1992), de Miguelantxo Prado

A historia nárranos como, despois dunha tormenta e no medio dun caloroso verán, un novo viaxeiro perdido chega co seu barco a unha pequena illa do atlántico que non aparece en ningún mapa. Unha illa na que só hai unha pequena pousada rexentada por unha muller e o seu fillo, un faro que non funciona e un embarcadoiro cun muro repleto de mensaxes escritas por multitude de viaxeiros que pasaron polo lugar. Alí encontrarase cunha nova e elusiva muller que tamén está de paso na illa, esperando alguén. 
 

lunes, 13 de febrero de 2012

Faleceu Germán Sánchez Ruipérez

O editor Germán Sánchez Ruipérez, fundador do Grupo Anaya (1959) e creador no ano 1979 de Edicións Xerais de Galicia, faleceu esta madrugada aos 85 anos na República Dominicana.

A el débese tamén a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, cuxo obxectivo é fomentar e desenvolver todo tipo de actividades culturais, en especial as relacionadas cos libros e a lectura.

Na páxina da fundación pódese aceder aos seus proxectos, recursos, boletíns, Biblioteca dixital....


http://www.fundaciongsr.com/         

martes, 7 de febrero de 2012

The Joy of Books (A alegría dos libros)


Sexan Ohlenkamp e Lisa Blonder Ohlenkam foron capaces de gravar que fan os libros pola noite, cando se pecha a libraría na que están expostos e dispostos para a súa venda.
En realidade é unha montaxe para promover a libraría Type Books en Toronto, pero paga a pena velo pola súa orixinalidade e calidade. 
A técnica utilizada é 'stop motion', unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Para rodalo necesitáronse quince persoas durante varias noites. 







martes, 24 de enero de 2012

La Biblioteca Nacional cumple 300 años

El pasado 29 de Diciembre La Biblioteca Nacional cumplió 300 años. A pesar de ser la Institución cultural más antigua de España, sigue conservando un espíritu dinámico y joven. Y esto porque se nutre constantemente de nuevos documentos y de nuevos usuarios.

En sus 12 plantas alberga un total de 28 millones de documentos aproximadamente, muchos de ellos de un valor incalculable. Allí se custodian manuscritos y códices centenarios, algunos ejemplares emblemáticos como el Cantar del Mío Cid, incunables y primeras ediciones de los grandes nombres de la literatura en español: Cervantes, Góngora, Quevedo, Lope, Garcilaso...

La institución cultural más antigua del país, fue fundada por Felipe V, quien quiso que los libros y las riquezas artísticas pasaran a disposición general pública para convertirse en instrumentos de renovación de la cultura nacional. Y así fue como un 1 de marzo de 1712 la entonces Real Biblioteca Pública se puso a disposición de todos.

Para hacerse una idea de la capacidad de la BNE, la cuarta más importante del mundo en cuanto a riqueza patrimonial –precedida por la Biblioteca del Congreso de Estados Unidos; la British Library y la Biblioteca Nacional de Francia– basta con este dato: los 250 kilómetros lineales de estanterías en sus sedes de Recoletos y de Alcalá de Henares. Cuando la actual sede se inauguró en 1896 contaba con siete pisos de depósito, diseñados por el arquitecto Antonio Ruiz de Salces en hierro, a la manera de Eiffel, que podían albergar 600.000 volúmenes en sus estantes. La apertura de la sede de Alcalá en 1993, supuso un depósito robotizado de más de 30 kilómetros, que ha sido ampliado en 2000 y 2009.
 
Con la exposición La Biblioteca Nacional de España: 300 años haciendo historia, la Biblioteca no sólo abre sus puertas sino que sale al encuentro de los ciudadanos y así lo hará a lo largo de doce meses a través de congresos, conferencias, conciertos, exposiciones, espectáculos… 

El siguiente video nos permite hacer una pequeña visita.



 Todo aquel que quiera felicitar a la BNE por su 300 años podrá hacerlo a través de su correo electrónico

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Día internacional dos dereitos humanos

O 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos, conmemorando o día da súa proclamación en 1948,
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948 con 48 votos a favor, 8 abstencións e as ausencias de dous países membros.
Con esta declaración poñíase fin a décadas de discusión e negociación colectivas entre os países occidentais para establecer un código de conduta común a todos os países do mundo fundamentado na propia natureza do ser humano e os dereitos que en virtude dela lle eran inalienables.
Podes ler o texto do documento, presentado pola Comisión de Dereitos Humanos da ONU á Asamblea para a súa aprobación.
Para conmemorar esta data, os alumnos de 1º da ESO, dirixidos pola profesora de Educación plástica, Margarita Esteban, elaboraron carteis onde recollían e ilustraban os atículos da Declaración e tamén forraron unhas caixas cos diferentes dereitos.






Estes son algúns dos carteis.






E estes os cubos.