Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de febreiro de 2021

Invitación a leer de Bruno Le Maire


Atención! Pregunta: Sabes como se chama o ministro francés de Economía? Non?

Pois é moi probable que, despois de escoitar este sereno pero emotivo alegato en favor da lectura de Bruno Le Maire, lembremos este nome. Mirade o vídeo.







venres, 29 de abril de 2016

O valor dos libros


Din que unha imaxe vale máis que mil palabras e non sempre e así. Pero neste caso nos quedamos coa imaxe xa que non podemos contar coas palabras desta nena que recupera libros entre os escombros dunha casa bombardeada en Gaza. Non sabemos se é a súa casa, se son os seus libros, só vemos que os leva con ela.








martes, 24 de febreiro de 2015

A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.



Ola totems! 

Non é novidade, xa que este libro foi publicado en 2013, pero para min si que o é porque acabo de o ler fai apenas un par de días. Este A Memoria da Choiva, de Pedro Feijoó, é unha interesante novela de intriga policíaca, inda que a policía ten un papel ben pouco significativo. Hai varios asasinatos polo medio, que deberán tentar de resolver un xornalista caído en desgracia e ¡unha profesora de literatura galega da USC! Si, porque tras cada crime hai un poema da máis grande das nosas poetas, Rosalía. Así que nada mellor que este libro para celebrar o día de Rosalía e descobrir moitas cousas reais sobre a súa figura, malia ser un relato de ficción. En suma, un libro moi recomendable que, de seguro, os terá pegados ás súas páxinas ate o rematar.

luns, 23 de febreiro de 2015

Encontros en Negro con Dolores Redondo, Pedro Feijoo e Domingo Villar






Nun mesmo escenario (que non do crime), nunha mesma mesa (que non de anatomía forense), o pasado mércores de cinza ( que non dun finado) coincidiron Dolores Redondo, Pedro Feijoo e Domingo Villar. Foron invitados por Pedro Iturburuza, responsable da biblioteca do IES Torente Ballester (o Quinto) para falar de Novela negra. 

Encontros en negroque así se titulaba o acto, estivo cheo de emocións, risas, humor, interese e sorpresas. A primeira foi que ningún dos autores -vaia!- calificaba a súa obra exactamente como novela negra.  
Dolores Redondo afirmou non atoparse dentro das "marxes"  da novela negra, xa que na literatura os límites están para ser traspasados. Para Domingo Villar, a súa novela, máis que negra, aínda que tamén, é novela social. E Pedro Feijoo bromeou co seu convite a falar de algo co que non tiña moito que ver.

Tamén coincidiron na idea de que a esencia da “novela negra” -se é que as súas son desta cor-  é o caos que xera o crime ou os crimes que nela se relatan. Estas situacións de caos acaban por afectar a moitas persoas, relacións, afectos, sentimentos… pero a novela negra te tamén a recompensa  de recuperar un orden final.

“Nunca houbo para min folio en branco”. Así respondía Dolores Redondo á pregunta de cándo é cómo da inicio ás súas novelas. A autora dixo non sentarse a escribir ata ter a historia completa. O longo e complexo proceso require dunha elaboración interior. E explicouno cunha metáfora. “Imaxino un mundo interior no que caen sementes de todo o que me rodea. Algunha desas sementes arraiga e convértese nunha planta. Entón teño conciencia dunha idea inicial. Logo vexo que crece a planta. Vou sabendo cousas coma se mas soprase ao oído. Cando a planta xa creceu e é como unha árbore, entón escribo a novela”. Este é o proceso de creación, o máis importante: logo ven a rutina de escribir.
Algo parecido ocórrelle a Pedro Feijoo que non escribe unha soa páxina ata que non sabe como acaba a historia: “Necesito estruturas, un mapa de estradas para empezar a escribir”. E, ás veces, cando dubida qué camiño seguir, qué palabra escoller, qué frase podería dar comezo a un novo capítulo o comenta coa súa parella Marta, sempre disposta a escoitar. Cada vez que falaba Pedro Feijoo, víñaseme á cabeza a imaxe de Simón Varela, protagonista de Os fillos do mar. Creo que neste personaxe hai moito do autor.
Moi diferente é o esquema de traballo de Domingo Villar. Aínda que tamén necesita contar coa idea xeral, non ten conciencia completa do que vai pasar. É máis o estímulo do descoñecido o que lle anima a escribir.

Pois ben, entre bromas, risas e demais licenzas coñecemos que Dolores Redondo utiliza ao seu home para simular os crimes das súas novelas. O seu perfeccionismo esíxelle que as accións sexan cribles. Por iso ensaia “sen levalas ao límite". Descubrimos tamén que os nomes dos personaxes das novelas de Domingo Villar son en moitos casos os dos seus compañeiros de estudos e mesmo algunhas das escenas “ transcorren” en vivendas de amigos e familiares.

E como colofón os tres falaron das súas próximas creacións e incluso adiantaron algún detalle, pero reservámonolo para manter a curiosidade e a expectativa, sobre todo pola de Domingo Villar, que xa vai sendo hora.

Na biblioteca atoparedes as obras destes autores e no blog comentarios sobre algunhas delas. Algúns deses libros levan a sinatura dos autores e están dedicados a vós.




martes, 17 de febreiro de 2015

Orígenes, de Neil deGrase e Donald Goldsmith.


Ola totems!

¿Sabedes onde se formaron a totalidade dos elementos químicos que forman o noso planeta, as montañas, os mares e, ... mesmo o noso corpo?
¿Sabedes de onde procedemos, a lo menos a materia e a enerxía precisas para nos formar?

Do interior das estrelas. Somos polvo de estrelas. Esta noticia non aparecéu, no seu momento, nos principais periódicos de tirada nacional, nin nas revistas de máis sona, nen sequera nas follas parroquiais. Os editores deses medios non consideraron de relevancia para o público en xeral saber de onde procedemos, onde está a nosa orixe, onde foi creada a materia que compón ate a última célula, a derradeira molécula, o infinitesimal átomo do noso corpo.

Neil deGrasse Tyson e Donald Goldsmith encárganse de nos aclarar todos estes interrogantes, de achegarnos esta exploración  das máis profundas augas da cosmoloxía, a astrofísica e a exobioloxía. Para saber quén somos e de ónde vimos, incluso a onde voltaremos.

Recoméndovos pois o libro Orígenes, 14.000 millones de años de evolución cósmica, de Neil deGrasse Tyson e Donald Goldsmith, publicado pola editorial Paidós o pasado ano 2014. Non volo perdades. Próximamente nesta biblioteca.

martes, 16 de decembro de 2014

Trilogía del Baztán

Ola totems!


Eiquí estou de novo para vos recomendar unha lectura looonga, pero moi entretida. Non sei se se tratará de literatura de altura, respectada polas máis altas instancias críticas, alabada polos máis doctos literatos, admirada polos académicos máis sobresaintes, pero sen dúbida son tres volumes que non vos han deixar levantar a vista hasta rematar con eles. Por sorte as vacacións do Nadal xa están eiquí e podemos desconectar de todas a nosas obrigas para centrarnos nas nosas aficións favoritas, así que, se queredes, podedes ler os tres volumes da triloxía do Baztán, en castelán ou en galego, como prefirades, sen remordimentos de conciencia:
  • El guardían invisible/ o guardián invisible.
  • Legado en los huesos / legado nos osos.
  • Ofrenda a la tormenta /ofrenda á tormenta
 
Os tres libros póden ser lidos de xeito independente pero, obviamente, adquiren todo o seu significado se se leen os tres, na orde en que foron escritos, xa que a historia que presentan é unha unidade. 

¿De qué vai isto? Pois vai de policías (realmente a Policía Foral Navarra) e, como non, de criminais. Inda que o novidoso destas novelas é que misturan a investigación policial coas lendas e tradicións mitolóxicas navarras do val do río Baztán, o río Bidasoa na súa denominación vasca. Iso, e que está moi ben escrita.
Así que non perdade-lo tempo e... a leer.


martes, 2 de decembro de 2014

True detective.

Ola totems!

Estou seguro de que moitos de vos non coñecedes a Nick Pizzolato. Probablemente tampouco teredes visto a serie True Detective. Posiblemente nin sequera sexa recomendable que a vexades. Cecáis as vosas tenras sensibilidades se vexan afectadas pola crudeza dos feitos que se narran e a personalidade conflictiva dos protagonistas: os policías Rust Cole, interpretado maxistralmente polo irrcoñecible Matthew McConaughey e  Martin Hart, interpretado, sen desmerecemento do traballo do seu compañeiro, por un grande Woody Harrelson.


Non vos vou recomendar que vexades a serie, máis apta para o alumnado de bacharelato que para o da ESO, pero sí que vos vou recomendar o libro no que actúa como coordinador Ivan de los Ríos, un especialista na relación entre televisión e filosofía, libro que arranca cunha entrevista a Nic Pizzolato, o creador e guionista da serie de televisión para, a continuación, presentarnos unha serie de textos filosóficos firmados por Nietzsche, Schopenhauer ou Ligotti. Claro que iso non é todo, porque o volume tamén inclúe unha serie de relatos nos que Pizzolato se inspirou ou simplemente lle influiron á hora de facer o guión da serie: Bierce, Chambers, Lovecraft, Hammett, Barron e Bolaño.
A mera lectura do relato curto do chileno Roberto Bolaño (O Policía das Ratas) xustifica a lectura de todo o libro. Non sei como será o resto da obra deste autor, pero si é tan boa como este relato, xa estóu tardando en poñerme con el.

E si vos gusta o volume sempre podedes recuncar con outros da mesma editorial sobre outras series de culto como: The Walking Death, Xogo de Tronos, Breaking Bad, os Soprano ou The Wire.

Felices lecturas.

domingo, 8 de xuño de 2014

Guía de Verán 2014


O Club de Lectura quere recomendarvos estes libros para o verán. A selección fixéronna os seus compoñentes na visita á Feira do Libro de Pontevedra. Na súa maioría son novidades, publicadas no 2014, e hai un pouco de todo: misterio, novela negra, cociña, redes sociais, ciencia ficción....
Esperamos que vos resulten interesantes.
Bo verán e boas lecturas!






xoves, 21 de xuño de 2012

Guía de verán

Os profes da biblioteca queremos recomendarvos estas lecturas para que as disfrutedes na praia, na montaña, na aldea, no tren, no avión, no campamento, na piscina, nunha terraza...ou tranquiliños na casa. Hai para gustos diferentes. Só tedes que escoller.
Se preferides algo distinto, non hai problema. Xa está aberto o prazo de préstamo de verán.

As imaxes da portada e da contraportada do díptico son, respectivamente, a foto gañadora e a finalista do concurso de fotografía Lectores, lectoras, lecturas.
Bo verán e boas lecturas¡



martes, 7 de febreiro de 2012

The Joy of Books (A alegría dos libros)


Sexan Ohlenkamp e Lisa Blonder Ohlenkam foron capaces de gravar que fan os libros pola noite, cando se pecha a libraría na que están expostos e dispostos para a súa venda.
En realidade é unha montaxe para promover a libraría Type Books en Toronto, pero paga a pena velo pola súa orixinalidade e calidade. 
A técnica utilizada é 'stop motion', unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Para rodalo necesitáronse quince persoas durante varias noites.