Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



lunes, 25 de octubre de 2010

Estrea

Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. Foron creados por Santiago Eizaguirre, profesor, artista e gran dinamizador da biblioteca, coa axuda doutro profesor, José María Solla, e un grupo de alumnos. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración. http://comoelaguaquefluye.blogspot.com/

No hay comentarios: