Cómic
Aya de Yopougon de Marguerite Abouet. Norma
Aia, Adjoua e Bintou son tres amigas do barrio de Yopougon, en Costa de Marfil. Son novas, guapas e ten ganas de facer cousas: unha prefire bailar, outra saír con rapaces, e outra estudar para ser algo máis que un ama de casa. O único que queren é vivir as súas vidas, e iso xa é moito. A través do debuxo de Clément Oubrerie, Marguerite Abouet móstranos o día a día da xente de África, onde non todo é guerra e violencia, onde tamén hai un espazo para divertirse e vivir en paz, cos pequenos problemas de cada día.
El local / Gipi. Sinsentido
O local é o mundo dentro do cal crecen desexos e esperanzas, aínda que tamén desilusións. En cinco cancións relátase o malestar, as decepcións e os sentimentos contraditorios que habitan o ánimo de catro adolescentes que buscan un exutorio na música. Unha música que se berra, que sae case a golpes dos instrumentos,
Nazim, Tarek, Anouar, Wahid e Ahmed son cinco contadores de historias, afanados na busca do mellor conto do mundo, para gañar o reto proposto polo califa de Bagdad e con el, lograr fama e riquezas.
Narrativa xuvenil
El diablo de los números de Hans Magnus Enzensberger. Siruela
A Robert non lle gustan as Matemáticas porque non as acaba de entender. Pero unha noite soña cun diaño que lle fai un percorrido novo e apaixonante a través do mundo das Matemáticas e lle fai entusiasmarse polos números.
Calpurnia Virginia Tate ten once anos e é a menor de sete irmáns. Corre o ano 1899 nunha pequena vila de Texas e Calpurnia está moi interesada en todo o que concirne ao mundo natural, á súa investigación e o seu ámbito. Axudada polo seu avó, un ser bastante túzaro cun laboratorio propio, irá coñecendo a Darwin e as súas teorías, as diversas especies e subespecies que conviven con ela.
Jan estivo alí de Xosé A. Neira Cruz. Galaxia
Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo deste cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia.
O señor Ibrahim e as flores do Corán de Eric-emmanuel Schmitt. Faktoría k
A acción sitúase no París dos anos 60, onde se produce o encontro de dúas culturas representadas por Momo, un rapaz de 13 anos xudeu e polo señor Ibrahim, un tendeiro musulmán, entrado en anos. Estas dúas persoas saberán transcender os clixés das culturas, os prexuízos das relixións e encontrarse nunha viaxe común pola vida que aos dous lle encherá de felicidade. As persoas están por enriba das culturas parece ser unha das posibles mensaxes esperanzadoras desta conmovedora historia.
Un saco de canicas de Joseph Joffo. Grijalbo
O perruqueiro Joffo, un honrado xudeu establecido no París ocupado polos nazis, decide dispersar a súa familia para evitar o cruel e previsible destino que lle espera. Os seus fillos Joseph (o autor desta obra) e Maurice teñen, con dez e doce anos, que sobrevivir sós nun universo alporizado, no que a barbarie, a amizade, a picaresca e, sobre todo, o medo impoñen unha soa lei: a supervivencia.
Unha rapaza e tres rapaces morren na madrugada dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida, non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. Moncho entra no cuarto da súa irmá. Pasa de novo a ollada polo cuarto. Pero agora é diferente, agora sabe que está a buscar algo. É coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia.
Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz. Edicións Xerais
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz. Xerais
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa do Senegal para instalarse en Vigo, a cidade onde seu pai xa leva varios anos emigrado.
Aínda que tivese pinta de pasarse o día nas nubes, na xigantesca barba de Arquímedes non había un só pelo de parvo. Podía levantar barcos coa forza dunha man, foi un dos máis grandes detectives da historia e enxeñoullas para defender a súa cidade de todo un exército coa única axuda duns espellos. Así que cando dixo: "Dádeme unha panca e moverei o mundo". moitos botáronse a tremer e ninguén quixo deixarlle unha.
Xogar con números era a diversión favorita da pequena Hipatia de Alexandría. " As matemáticas non menten! ", dicía, e por iso de maior chegou a ser a profesora e científica máis grande do seu tempo. Ademais era intelixente, guapa, xenerosa, refinada e valente; en fin case perfecta.
(+ de 14 anos)
Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma.
Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap. Novela polifónica, con constantes referencias á cultura popular, á cultura de masas, á música, aos medios, á publicidade, ao cine, ao fútbol.
Amor de tango de María Xosé Queizán. Xerais
Novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra. É a novela das obreiras das fábricas de sardiñas que están estreitamente ligadas ao desenvolvemento industrial da cidade e da ría. É a novela dos trasatlánticos, das fábricas de salazón, do Cable Inglés, das grandes Navieiras, da emigración, do Berbés.
Pan con xamón de Charle Bukowski. Faktoria K de libros
Relato autobiográfico no que Charles Bukowski narra, a través do seu propio alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e a adolescencia. A obra transcorre na cidade norteamericana de Los Angeles durante os anos da Grande Depresión. O novo Henrio mostra a sordidez na que malviven as clases máis baixas, desocupadas e sufocadas pola crise económica. Un mundo atroz, personificado na brutalidade do
pai, a submisión da nai, o sadismo dos nenos... Un mundo no que hai moi poucas posibilidades de fuga.
pai, a submisión da nai, o sadismo dos nenos... Un mundo no que hai moi poucas posibilidades de fuga.
Las enigmáticas desapariciones de niñas del colegio d elas madres Lazaristas de San Gervasio son el punto de inicio de la aventura indagatoria que tiene como protagonista a un cliente del manicomio, quien, obligado a convertirse en investigador, se verá envuelto en toda clase de percances de los que logrará salir llevando a cabo su cometido y descubriendo una intrincada farse de gente pudiente.
Fábulas morales de GraSSA Toro. A buen paso
Una joya literaria por su lenguaje, que aúna la capacidad de síntesis de la fábula sin huir de la emoción poética. Estas fábulas modernas, protagonizadas por animales humanizados, plantean conflictos morales de la vida cotidiana que se resuelven casi siempre con sorpresa, ironía o incredulidad. Las ilustraciones son cómplices inseparables del texto.
Érase unha vez un mundo onde as noites eran longas e a Morte contaba a súa propia historia. Érase unha vez unha ladroa que roubaba libros e regalaba palabras. Una novela preciosa, tremendamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemá de nove anos dende que é dada en adopción pola súa nai ata o fnal da II Guerra Mundial. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, a ensina a ler e, a través dos libros, Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristura. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que fnalmente lle salvará a vida.
Papel mojado de Juan José Millás.
Partindo dun argumento típico de novela policíaca -un asasinato que parece suicidio e un asasino que nunca o parece-, aborda Millás un tema á vez psicolóxico e literario: o do conflito entre o que se é e o que se quere ser ou, se se prefire, as relacións entre aparencia e realidade, que é tanto, como dicir: a razón de ser da literatura. Cun estilo áxil e cheo de rexistros, mestura de parodia e melodrama, humor e ironía, lirismo e cínico sarcasmo, avanza o relato entre diálogos brillantes, metáforas surrealistas e ecos da novela negra, levando ao lector ata un final sorprendente, insólito, case borgiano
A aventura que narra esta novela empeza no Congo en 1903 e remata nun cárcere de Londres, unha mañá de 1916. Aquí cóntase a peripecia vital dun home de lenda: o irlandés Roger Casement. Heroe e vilán, traidor e libertario moral e inmoral, a súa figura múltiple apágase e renace tras a súa morte. Casement foi un dos primeiros europeos en denunciar os horrores do colonialismo con argumentos.
Poesía
Oda a una estrella de Pablo Neruda y Elena Odriozola. Libros del Zorro Rojo
Ao contrario que a princesa do poema de Rubén Darío, que rouba unha estrela do firmamento para facerse un pasador, o protagonista deste poema, sen
rima, toma unha estrela do ceo, pero o seu fulgor lle resulta tan insoportable e absorbente que debe abandonala.
Antología poética (Edición especial) de Miguel Hernández. Espasa-Calpe
Papel mojado de Juan José Millás. Anaya
Partiendo de un argumento típico de novela policíaca —un asesinato que parece suicidio y un asesino que nunca lo parece—, aborda Millás un tema a la vez psicológico y literario: el del conflicto entre lo que se es y lo que se quiere ser o, si se prefiere, las relaciones entre apariencia y realidad, que es tanto como decir: la razón de ser de la literatura. Con un estilo ágil y lleno de registros, mezcla de parodia y melodrama, humor e ironía, lirismo y cínico sarcasmo, avanza el relato entre diálogos brillantes, metáforas surrealistas y ecos de la novela negra, llevando al lector hasta un final sorprendente, insólito, casi borgiano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario