xoves, 5 de maio de 2011

CEDOFEITA, as raíces medievais.

CEDOFEITA, as raíces medievais é unha exposición que nos lembra un dos elementos senlleiros do pasado de Lérez que os documentos medievais identifican como CASTELLUM de CITOFACTA que, co paso do tempo, rematou sendo coñecido por CEDOFEITA.
Nela móstrase unha serie de documentos que falan da súa importancia estratéxica e da súa antigüidade, asi como dos momentos en que foi motivo de disputas e escenario de loitas entre Afonso Henriques de Portugal e Fernando II, rei de Galicia e León.
Completan a exposición lendas do monte Castelo, lugar onde se erguía a referida fortificación e outros elementos arqueolóxicos da zona.
Feito por Xaime Iglesias González, profesor de Lingua e Literatura Galegas.




Ningún comentario: