Con este vídeo o IES Fontem Albei gañou o Premio do público no festival audiovisual galego OLLOBOI.
En clave de humor, reflexa moi ben o estado fisico-psíquico no que nos atopamos os responsables das bibliotecas escolares, sobre todo no mes de maio cando temos que loitar contra o tempo- que é o que é- para facer avaliacións do traballo da biblioteca, da Hora de ler, perseguir aos morosos, colocar libros, elaborar Guía de lectura para o verán, deseñar as liñas prioritarias de actuación para o próximo curso, facer a Memoria do PLAMBE...., e seguir coas entradas no blog (nós non poidemos, non dabamos máis) e o resto das tarefas cotiás da Biblioteca: préstamos, devolucións, catalogacións, dinamización..... E non descoidar o noso traballo de profes: preparar clases, elaborar materiais, exames,corrixir, avaliacións de 2º de Bacharelato......
Todos somos Biblioman. Ou non?
Como estivemos a facer unha cura de reposo, por prescipción facultativa, non fomos quen de facer esta entrada ata hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario