domingo, 23 de outubro de 2011

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe conmemórase, un ano máis dende a súa creación en 1997, o Día da biblioteca. E nós queremos celebralo invitándovos a visitar a biblioteca do noso centro, a ollar os seus libros, a levarvos para casa algún que vos interese, para que o disfrutedes, para que aprendades con el.
Normalmente é a Biblioteca a que xenerosamente nos ofrece todos os seus materiais para conmemorar datas claves, premios, centenarios de autores.... ou para montar exposicións temáticas. Hoxe a homenaxeada é ela.
Aínda que está invitada a esta celebración toda a comunidade educativa, haberá unha visita guiada da biblioteca para os alumnos de 1º ESO, por ser novos no centro, que recibirán a nova Guía da biblioteca, deseñada pola profesora de Plástica, Margarita Esteban.

Esta é a nova Guía:





Ningún comentario: