luns, 7 de novembro de 2011

Semana da Ciencia

Un ano máis celebramos a Semana da Ciencia. Nesta ocasión os protagonistas non poden ser outros que a Química e Marie Curie.

A ONU declarou 2011 como Ano Internacional da Química, co obxectivo de mostrar e celebrar os logros da Química así como a súa contribución á humanidade. No ano 2011 se conmemora o centenario da concesión do Premio Nobel de Química a Marie Curie, a primeira muller en obter tan prestixioso recoñecemento. Ademais, se cumpre o centenario da fundación da Internacional Association of Chemical Societies, precursora da Unión Internacional de Química Pura y Aplicada e mesmo celébrase o 350 aniversario da publicación do libro de Robert Boyle, The Sceptical Chymist (1661), que marca a orixe da Química como ciencia moderna.
A química non é algo alleo a nós. Poderiamos dicir que somos química, que estamos formados por elementos químicos e que os nosos comportamentos obedecen a reaccións químicas.  O lema do Ano Internacional da Química é “Química: a nosa vida, o noso futuro”.



A nosa Biblioteca quixo sumarse a esta conmemoración con diferentes actividades:
  • Unha exposición, titulada "Entre moléculas", cedida por CSIC. A mostra está formada por 22 paneis que, de xeito divulgativo e didáctico, dan unha visión xeral da química e das súas aportacións ao longo da historia e en diferentes campos. Podes visitar a páxina http://www.quimica2011.es/
     
                 




 



  • Esta exposición complétase con outra, elaborada dende a Biblioteca, que trata da  Química na vida cotiá (alimentación, deporte, arte, fogar, saúde, transporte...)Aquí tedes unha pequena mostra.
     

   
   





  • Libro cós premios Nobel de Química.









  • Unha homenaxe á Marie Curie.
                 


  • Un concurso, no que haberá 5 probas, unha por cada día da semana, en tres niveis diferentes (1º e 2º ESO, 3º e 4º ESO e Bacharelato). Esta é a convocatoria:


  •  Unha selección de libros de Ciencia.


     
     

  • E un panel con Novas de Ciencia que poderá aportar calquera membro da comunidade educativa.






Ningún comentario: