As vacacións de Semana Santa poden ser un bo momento para ler algúns dos cómics que, segundo o editor e escritor británico, Paul Gravett, "hai que ler antes de morrer".
Paul Gravett acaba de publicar un libro titulado precisamente 1001 cómics que hai que ler antes de morrer, no que presenta unha selección de obras imprescindibles. Para este traballo contou co apoio dun equipo de 67 expertos de 27 países diferentes.
Ao longo das súas 960 páxinas, esta publicación repasa e salienta cómics de todas as épocas e nacionalidades, destacando o manga xaponés, o cómic franco-belga ou as historietas de superheroes, nacidas na súa maioría en Estados Unidos.
Gravett compara os cómics coas historias que lía o home das caverna nos debuxos rupestres e mostra o seu asombro ante o feito de que un medio tan antigo, sen música nin efectos especiais, sobreviva ao poder da televisión, do cine ou dos videoxogos.
Propoñémosvos algúns deses cómics imprescindibles, cunha breve recensión do autor nalgúns.
Persépolis (2000), de Marjane Satrapi.
"É o exemplo dunha obra na que un séntese moi próximo ao personaxe".
Conta a infancia e adolescencia da autora, unha iraniana que foi enviada a un colexio austriaco pola súa familia para afastala do fanatismo relixioso.
Páxina do cómic na que se relata o momento no que no colexio de Marjane obligan ás nenas a cubrirse cun pano |
Maus (1997), de Art Spiegelman.
Narra a historia real do pai do autor, Vladek Spiegelman, que estuvo recluído en Auschwitz. En Maus, Art Spiegelman vai máis alá do Holocausto e mostra a complexa convivencia dunha familia marcada polos
horrores de tan dramático e cruel acontecemento.
"Representa un punto de inflexión. En certo modo pódese ver que 1001 cómics está dividido case ao cincuenta por
cento entre antes e despois de Maus. Porque
precisamente cando se escribiu este libro, se deu ese salto a unha maior
sofisticación. Spiegelman chegaba a reescribir
corenta veces o mesmo bocadillo ata que quedaba satisfeito".
Gemma Bovery (1999), de Posy Simmonds.
"Non a suxiro porque sexa británica. Esta novela gráfica trouxo aos nosos días a historia de Madame Bovary"
"Non a suxiro porque sexa británica. Esta novela gráfica trouxo aos nosos días a historia de Madame Bovary"
Posy Simmonds
utiliza como base a obra de Flaubert para crear unha novela gráfica complexa na que se fala de adulterio e de amor, da
hipocrisía dunha determinada vida provinciana, de sonos e de fracasos.
Asterios Polip (2009), de David Mazzucchelli.
"É sorprendente. Cada personaxe está
debuxado cun estilo diferente".
En Mortadelo e
Filemón, axencia de información, Filemón é o xefe dunha axencia de detectives e ten a Mortadelo como empregado e único axudante. As primeiras
historias eran dunha soa páxina en branco e negro (salvo cando esta ocupaba a
portada) con seis filas de viñetas e seguían un esquema moi sinxelo: Alguén
contrata os servizos da axencia, pero ao intentar cumprir a misión, prodúcese
algún equívoco que resulta nun completo fracaso desta. O descubrimento do
equívoco remataba xeralmente nunha persecución.
Trazo de Tiza (1992), de Miguelantxo Prado
A historia nárranos como, despois dunha
tormenta e no medio dun caloroso verán, un novo viaxeiro perdido chega co seu
barco a unha pequena illa do atlántico que non aparece en ningún mapa. Unha illa
na que só hai unha pequena pousada rexentada por unha muller e o seu fillo, un
faro que non funciona e un embarcadoiro cun muro repleto de mensaxes escritas
por multitude de viaxeiros que pasaron polo lugar. Alí encontrarase cunha nova e
elusiva muller que tamén está de paso na illa, esperando alguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario