Aquí tedes unha mostra das Palabras vivas que latexan no noso centro.
É o resultado dunha actividade aberta a toda a comunidade escolar, na que todo o que participou achegou unha palabra dá lingua galega que quixese destacar por algunha razón: porque lle soase ben, porque lle gustase o seu significado, porque tivese connotacións afectivas, porque lle trouxese recordos agradables, porque lle gustase pronunciala...
Bico, agarimo, orballo, praia, bolboreta, cóxegas, bágoa, cor, chuchamel, ceibe, amorodo, lúa, vagalume, xoaniña, lucecú, colo, meiga, loita, natureza, agasallo....son algunhas das máis repetidas.
Aínda que non se vexa nas fotos (que foron feitas con anterioridade) ocupou un lugar moi especial a palabra Loaira, suxerida pola nosa querida Anxos Rial do IES de Poio
Aínda que non se vexa nas fotos (que foron feitas con anterioridade) ocupou un lugar moi especial a palabra Loaira, suxerida pola nosa querida Anxos Rial do IES de Poio
Ningún comentario:
Publicar un comentario