luns, 22 de outubro de 2012

Semana da Biblioteca


Se segues as pegadas que parten do vestíbulo, chegarás sen perda á biblioteca. Esta semana está de festa porque o 24 de outubro é o Día da Biblioteca e no noso centro facemos extensiva esta celebración a toda a semana.
A biblioteca abre as súas portas -como sempre, como todos os días lectivos- a toda a comunidade escolar, pero nestas datas moi especialmente aos alumnos novos no centro. Para eles haberá unha visita guiada. Ademais proxectaranse curtos de animación sobre libros, lecturas, lectores...Entre outros poderase ver The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore, Oscar al mejor cortometraje de animación 2012.



Segue as pegadas ...¡





Ningún comentario: