mércores, 12 de decembro de 2012

Recitando a Celso Emilio Ferreiro



A nosa Biblioteca quixo sumarse á proposta da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) de rendirlle unha homenaxe público a Celso Emilio Ferreiro có motivo do Centenario do seu nacemento.
Trátase dun acto colectivo, dirixido a todos os centros educativos de Galicia, bibliotecas escolares, clubes de lectura..., "que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores, de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e coa lingua de Galicia", recitando públicamente o poema titulado "Deitado fronte ao mar" da súa obra Longa noite de pedra (1962).
Pois ben, o día 12-12-2012 ás 12, alumnos do noso centro, fundamentalmente de 2º e 4º ESO recitaron na Biblioteca "Deitado fronte ao mar" e outros poemas do autor.

          

                                                     
                        


                                       

Ningún comentario: