Os días 27 e 28 de marzo de 2014 tiveron lugar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.
Alí estiveron expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira.
Algúns dos centros que estamos integrados neste Plan fomos invitados para expoñer as experiencias relacionadas coa ciencia que levamos a cabo nas bibliotecas escolares. A nosa intervención titulouse máis ciencia, máis cerca. Se premedes na dirección que está baixo a imaxe podedes ver a presentación.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/mod/resource/view.php?id=531
E incluso seguila neste vídeo.
Tamén deixamos unha gravación que resume o acontecido nos Encontros e onde aportamos o noso grao de area a prol da ciencia.
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
E se queres visualizar calquera das intervencións e presentacións pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario