xoves, 13 de novembro de 2014

Concurso Mide o teu enxeño



O próximo luns comeza o concurso  da Semana da ciencia, este ano baixo o título:

 Mide o teu enxeño.

Celebrarase entre os días  17 e 21 de Novembro, ambos incluídos.

Como nas anteriores edicións, haberá tres categorías e tamén tres premios -un por cada unha das categorías: Categoría 1: 1º e 2º ESO; categoría 2: 3º e 4º ESO; categoría 3: Bacharelato

As probas diarias  estarán formadas por un exercicio de enxeño (lóxico ou matemático) e por unha cuestión relacionada coa exposición Os matemáticos e as súas cousas.

As follas de participación recolleranse na biblioteca no primeiro recreo e entregaranse ao final do segundo recreo, tamén na biblioteca.

A partir das 14:00 de cada día se publicarán as respostas as correspondentes probas dos diferentes niveis.

Ao rematar o concurso vanse publicar os gañadores dos diferentes días. Estade atentos. Un deles podes ser ti!

Ningún comentario: