Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



lunes, 24 de noviembre de 2014

Xeometría nas aulas

Coincidindo coa Semana da Ciencia, o alumnado de 1º de ESO demostrou a súa iniciativa e creatividade elaborando proxectos artísticos coas formas xeométricas básicas. Na clase de Educación Artística presentáronse catro modelos pictóricos, Os tres músicos de Picasso, A árbore da vida de Gustav Klimt, Punto e liña sobre plano de Kandinsky e A man vermella de Giorgio de Chirico, e cada alumno tiña que versionar a súa propia obra.

No hay comentarios: