martes, 2 de decembro de 2014

True detective.

Ola totems!

Estou seguro de que moitos de vos non coñecedes a Nick Pizzolato. Probablemente tampouco teredes visto a serie True Detective. Posiblemente nin sequera sexa recomendable que a vexades. Cecáis as vosas tenras sensibilidades se vexan afectadas pola crudeza dos feitos que se narran e a personalidade conflictiva dos protagonistas: os policías Rust Cole, interpretado maxistralmente polo irrcoñecible Matthew McConaughey e  Martin Hart, interpretado, sen desmerecemento do traballo do seu compañeiro, por un grande Woody Harrelson.


Non vos vou recomendar que vexades a serie, máis apta para o alumnado de bacharelato que para o da ESO, pero sí que vos vou recomendar o libro no que actúa como coordinador Ivan de los Ríos, un especialista na relación entre televisión e filosofía, libro que arranca cunha entrevista a Nic Pizzolato, o creador e guionista da serie de televisión para, a continuación, presentarnos unha serie de textos filosóficos firmados por Nietzsche, Schopenhauer ou Ligotti. Claro que iso non é todo, porque o volume tamén inclúe unha serie de relatos nos que Pizzolato se inspirou ou simplemente lle influiron á hora de facer o guión da serie: Bierce, Chambers, Lovecraft, Hammett, Barron e Bolaño.
A mera lectura do relato curto do chileno Roberto Bolaño (O Policía das Ratas) xustifica a lectura de todo o libro. Non sei como será o resto da obra deste autor, pero si é tan boa como este relato, xa estóu tardando en poñerme con el.

E si vos gusta o volume sempre podedes recuncar con outros da mesma editorial sobre outras series de culto como: The Walking Death, Xogo de Tronos, Breaking Bad, os Soprano ou The Wire.

Felices lecturas.

Ningún comentario: