Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



martes, 10 de marzo de 2015

Crímenes que no olvidaré, de Alicia Giménez Bartlett.

Ola Totems!

A estas alturas, falar de Petea Delicado e de Fermín Garzón non ten xa moito segredo. Ela é a mordaz inspectora de policía barcelonesa que resolve complexos casos policiais e el é o seu contrapunto, o moi mundano subinspector, interesado pola resolución dos casosque lles encomendan, pero tamèn polo mantemento do corpo,que comer e beber son duas cousas que non hai que descoidar. Con todo, hai química entre esta parella e humor, moi bo humor non exento de eficacia.

Os que xa levamos lidos todos is casos destes dous esperamos como auga de maio unha nova novela de Alicia Giménez Bartlett con esta parella protagonista, pero desta vez terémonos que conformar con unha colección de nove relatos, curtos pero moi ben resoltos. Algúns xa levaban tempo escritos, dende 1997, pero outros son bastante recentes (do ano pasado). En calquera caso, unha lectura que vos recomendo se sodes aficionados á lectura policial e que, se non coñecedes a estesdous personaxes,vos vai pedir abrir o nada desdeñable filón de novelas que protagonizan (nove hasta o día de hoxe, se non lembro mal).

Feliz lectura.

No hay comentarios: