mércores, 8 de abril de 2015

Turismo criminal en Grecia

Hola totems!

Nada mellor para coñecer un país que misturarse coa xente da rúa, coñecer ós propios do lugar despoxados de todo filtro, de toda máscara para os adecentar fronte ós estraños, os turistas e visitantes que non poderían soportar tanta realidade. Así é Kostas Jaritos, un tenente da policía ateniense, xefe de homicidios, contradictorio en si mesmo, procedente da antiga policía da dictadura, machista, cunha cultura na que só caben os diccionarios, sobre todo o Dimitrakos. Pero é que, ademáis de ter un pasado que condiciona as súas ideas sobre a vida, tamén ten un presente que condiciona os seus actos.

Durante estas curtas vacacións de Semana Santa, entre paso e paso procesional, entre pecado e pecado (coa súa correspondente penitencia), tiven tempo de achegarme á figura deste policía fruto da mente do escritor grego Petros Markaris. Recoméndovolo.

Velaí vai a lista completa dos seus libros por orde de aparición, todos na editorial Tusquets:


  • Noticias de la noche.
  • Defensa cerrada.
  • Suicidio perfecto.
  • Un caso del comisario Jaritos y otros relatos clandestinos.
  • El accionista mayoritario.
  • Muerte en Estambul.
  • Con el agua al cuello.
  • Liquidación final.
  • Pan, educación y libertad.
  • Hasta aquí hemos llegado.

Ningún comentario: