martes, 12 de abril de 2016

Visita dos clubes de lectura á Feira do Libro.

O pasado venres día 8 os membros dos clubes de lectura do instituto participaron nunha visita á Feira do Libro, tal como vimos facendo nos últimos anos. O obxectivo é dobre. Por unha banda visitar as librerías e coñecer as novidades que presentan; e por outra banda seleccionar algúns libros para a Biblioteca do centro, libros que gustan ós lectores.
Este ano contamos cun orzamento bastante xeneroso e ó final puidemos adquirir unha boa cantidade de libros novos para a biblioteca, e que agora están a disposición de todos os lectores. Hainos de tódalas clases e temáticas, polo que seguramente atoparedes algunha novidade que sexa do voso interese.

Ademais grabamos este video que recolle a visita. Nel os alumnos que asistiron recomendan algúns dos libros que escolleron.



1 comentario:

CEIP San Francisco Xabier dixo...

Que saída tan interesante, grazas por compartila!
A presentación espectacular, parabéns!