mércores, 30 de novembro de 2016

¡Mergúllate no LÉREZ!

Hola Totems!!



Queda inaugurado o río!
Bueno, o río non, as actividades relacionadas co río. Co Lérez. Co noso Lérez.



Fixádevos que fermosas fotos se amosan no vestíbulo do centro.
Non é o muro de Facebook... pero é o incomparable marco do muro da cafetería. Inda mellor que o de Zukenbergerger ou como se diga. Máis noso.



Jorge Candán. http://www.jjcandan.com/




Extraordinario fotógrafo e naturalista. Para facer moitas destas fotos se tivo que mergullar no Lérez. Seguro que a horas intempestivas. Caza fotográfica. Incruenta. Se cadra un pouco molesta para os bichos, pero ningunha experiencia que non teñan a cotío. Pensade, inda que doa, ¿cómo diantres terá feito para conseguir esa loita de lagartos? ¿Canto tempo agardando por esa lontra? ¿Cómo demo fixo esa iluminación das árbores no amencer? Detalles técnicos. Interesantes, pero ... ¡qué imaxes! ¡Qué espectáculo visual!





Non vo-las perdades. Védeas todas. TODAS. Pensade nelas. ¿Onde, cándo, cómo? ¿Por qué?

Ningún comentario: