Esta é unha
selección de contadoras de historias, poetisas, ensaístas, divulgadoras de ciencia…
realizada polo equipo de biblioteca. Nela queremos destacar o traballo, a
creatividade e o interese dos temas desenvolvidos por mulleres escritoras que,
salvo contadas excepcións, non soen formar parte das listas dos “mellores
escritores” ou “libros que hai que ler”, copadas maioritariamente por homes. En moitas desas escolmas as mulleres están
silenciadas ou ocupan un lugar secundario. Será porque as elaboran homes,
ou peor, escritores aos que lles custa admitir a autoría das mulleres? Nós
quixemos cambiar a tendencia e visibilizar obras de mulleres escritas para
mulleres e homes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario