Comezamos esta nova temporada do programa de TV da Biblioteca "Páxina Aberta". E comezamos dando conta do Magosto celebrado a pasada semana no Instituto, unha celebración na que non faltaron as castañas e as cabazas decoradas. ¿Cabazas decoradas? Ben, mais ben non, xa que eran todas cabazas fabricadas polos nosos alumnos con diversos materiais. Todas elas moi bonitas e orixinais.
Tamén vos daredes conta de que o formato do programa mudou un pouco, pero non vos preocupedes. Este ano traballamos en programas mais curtos e, esperamos, máis frecuentes. Así que ímonos ver máis a miudo e tratando temas que seguro vos resultarán de interese.
Aquí tedes o enlace para ver este primeiro programa da segunda temporada. Esperamos que vos guste. Xa nos diredes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario