Comeza a andaina do novo blog da biblioteca. Chámase Bibliototem porque 9 totems a protexen. O material de que están feitos son os vellos caneiros do instituto, que botaran ao claustro os obreiros que facían a reforma do tellado. Non podían quedar convertidos en mera ferralla porque por eles fluíu durante 23 anos a auga da chuvia e con ela moitas historias, sentimentos, ilusións, proxectos....Agora nos serven de testemuño e de inspiración.



lunes, 17 de diciembre de 2018

Guía de Nadal 2018


Di Tanella Boni (poetisa, narradora, filósofa e autora de libros para mozos): "A poesía, como toda creación artística, é un dos alicerces da humanidade. Ao emprender os carreiros da emoción, da sensibilidade e a imaxinación, transmite coñecementos e valores humanos. Aínda máis, a poesía forma en corpo e alma ao ser humano"

Nesta guía de Nadal atoparedes "poéticas diversas", poesía en diferentes manifestacións: libros de poemas, de arte, de coñecemento e películas.

Boas Festas e Boas Lecturas!






No hay comentarios: