domingo, 17 de marzo de 2019

O humor de Luis Davila no Día da Lingua Materna

Agasallo de Luis Davila


Este ano decidimos celebrar o Día da Lingua Materna "con humor". E tivemos o privilexio de contar con Luis Davila que veu a biblioteca para falarmos da súa profesión, das súas viñetas e dos seus personaxes máis característicos. Falounos de como chegou a este oficio de contar a realidade e a actualidade a través de tiras cómicas, que inspira as súas creacións, como ten que poñer o maxín a funcionar para poder enviar unha viñeta diaria ao xornal para o que traballa desde fai vinte anos, o Faro de Vigo. Tamén falou da importancia e da sorte de dedicarse ao que a un lle gusta e que hai que pelexar por iso. Contaxiounos do seu entusiasmo e ata fixemos "a onda".

E mentres nos contaba cousas, foi debuxando unha viñeta dedicada aos alumnos do  IES A Xunqueira II. Para rematar, mostrámoslle a aula de Debuxo do centro, que desde ese día ten nome: Luis Davila.











Ningún comentario: