En colaboración co Club de Ciencia do noso instituto participamos na realización do proxecto para a Semana da Ciencia “Do macro ó micro”.
A actividade consistía en que cada clase dividíase en grupos e tiñan que pasar por todos os postos da exposición para conseguir unha letra. Tras acertar en todas as probas, con esas letras compoñían unha palabra. O grupo que invertía menos tempo en resolve-la probas era o gañador.
Desde a Biblioteca deseñamos unhas preguntas cuxas respostas aparecían no libro mais pequeno e no mais grande da biblioteca (macro e micro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario