BiblioTEIca
Este xogo de palabras leva en si un proxecto de colaboración entre o Equipo da Biblioteca e o Equipo TEI dentro das actividades que se realizan na biblioteca para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o 25 de novembro.
Desde hai sete anos vénse desenvolvendo con grande éxito o programa TEI (Titoría Entre Iguales) no noso centro. Trátase dun programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar de maior implementación en España e un dos primeiros a nivel mundial.
En Secundaria,
o alumnado de 3º
é titor emocional do de 1º.
E en que consistiron estas xornadas?
- Na realización de actividades de cohesión na semana do 25 ó 29 de outubro, cunha duración dunha sesión por grupo de titores e titorandos.
- En círculos pequenos reflexionábase sobre a defensa da educación sen importar nin lugar de procedencia nin se eres home ou muller.
- Cada xornada introducíase coa presentación do Día das Bibliotecas acompañada dunha lectura entonada por membros dos clubs de lectura sobre a orixe desta conmemoración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario