Entre os usuarios que frecuentaban a biblioteca houbo unha demanda progresiva polo xadrez.Aproveitando esta iniciativa, nace a idea de crear un torneo.
Anotáronse 25 participantes e empregamos o sistema de torneo suizo, swiss system, que nos permitíu levar un control das partidas e integrar a xogadores aventaxados con iniciados neste xogo.
O resultado foi espectacular. Desde a dirección do centro apoiaron esta iniciativa dotando de mais taboleiros así como os premios para os gañadores: dous reloxios dixitais de xadrez.
Podedes ver unha ampla reportaxe neste enlace.
Desde ese torneo, temos na biblioteca mestúrase o estudo, a consulta cos movementos deste lexendario xogo de estratexia.
Se queres saber mais sobre a historia do xadrez, le este interesante artigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario