martes, 19 de decembro de 2023

RESUMO DA ACTIVIDADE DO CLUB DE LECTURA DE NARRATIVA NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE

Desde o outubro o club de lectura de narrativa estivo en funcionamento con moi boa acolilda por parte das súas integrantes. 

 

Durante este tempo as obras lidas e comentadas foron as seguintes:


 

OUTUBRO

 



Que me pare o corazón se te esquezo
, de Andrea Maceiras. Con esta novela xurdiron temas moi variados e deron pé a un bo debate: o impacto das redes sociais na saúde mental dos adolescentes, as relacións afectivas (tanto de amizade como románticas), os problemas de autoestima nesta idade, a complexidade de falar dos sentimientos coas persoas máis próximas… A valoración final foi moi positiva.

 




NOVEMBRO

 

Un elefante na sala de estar, de Berta Dávila. Aquí o tema central foi o do suicidio, tamén un asuntó tabú aínda hoxe. O interesante do libro estaba no xeito de contalo, porque a autora optou polo multiperspectivismo. O asunto está tratado desde a perspectiva das distintas persoas que afrontaron esa situación e como lles impactou: fillos, país, marido, amizades… E desa maneira conséguese ter unha imaxe o máis completa posible da vítima. De novo, a pesar de que non gustou tanto como a primeira, xurdiron temas ben interesantes como o da importancia de contar cun sistema de saúde á altura destes tipos de problema.

 



DECEMBRO

 


E neste mes de decembro comezamos a lectura dunha obra escollida por unanimidade polas integrantes do club: Irresistible propuesta, de Joana Marcús Sastre. Esta autora é moi nova e acadou o éxito a través da plataforma de escrita dixital Wattpad. Actualmente é unha das escritoras máis lidas a nivel internacional e os seus libros saltaron xa ao formato físico tradicional da man de editoras como Montena ou Cross Books. Será unha boa lectura para o Nadal. Sen dúbida!

Ningún comentario: