Na tarde de hoxe, e dentro do marco do Seminario sobre Itinerarios lectores (PFPP), contamos coa presenza virtual de Irene Marín, profesora de Lingua castelá e literatura na Comunidade de Murcia e a que coñeciamos polas súas achegas nas redes sociais. Falounos da lectura como tarefa necesariamente interdisciplinaria, da súa forma de traballo, e de cadernos de lectura, knolling literarios, materiais de lectura para alumnado que se incorpora do estranxeiro sen coñecementos lingüísticos... Dende logo, abriunos un amplo abano de posibilidades sobre a lectura e as formas de avaliala. Foi un verdadeiro pracer escoitala!
Ningún comentario:
Publicar un comentario