martes, 23 de abril de 2024

Día do libro. O álbum ilustrado.

Que mellor maneira de celebrar o día do libro que creando, entre todos, un álbum ilustrado. 

A proposta da Biblioteca e partindo da obra Cando leo, de Eva Mejuto e Bea Gregores, publicada por Xerais, o alumnado de 1 e 2 ESO traballou para crear frases inspiradoras en torno ao acto de ler e ilustrou os seus textos tratando de que a imaxe ampliase o seu significado. Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos resultados. 



Ningún comentario: