Na mañá de hoxe, o alumnado de 4º ESO -que cursa a materia de Expresión artística- realizou na biblioteca un obradoiro de caroutas do Entroido tradicional galego a cargo de Electra, do Proxecto Pedras de papel. Despois de achegarnos brevemente aos tipos de máscara do Entroido dos pobos de Galicia e de analizar os materiais empregados, puxémonos mans á obra para dar forma aos volumes. Na próxima sesión, tocará decoración das pezas creadas polo alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario