xoves, 8 de maio de 2025

Contador de histórias em português

 António Fontinha é un contador de historias lisboeta que chegou ao noso centro para narrar contos tradicionais ao alumnado de português. E claro!, falou en portugués.

 Previamente ás historias, introduciunos no significado dos contos; como os pobos compartimos as mesmas narracións que xa foran contadas séculos atrás, transmitidas oralmente e de xeración en xeración. Duns lugares a outros poden verse modificadas debido a esa transmisión, de boca en boca.

Despois disto, deu comezo aos contos, contados de maneira case teatralizados, onde a voz xogaba moito; de tan metidos de cheo que estabamos na narración, facíanos saltar do asento por momentos. Pasamos unha sesión moi divertida e entretida.

 

ANTÓNIO FONTINHA