Depois de terminarmos a lectura de A Viúva e o Papagaio, de Virginia Woolf, e de A Fada Oriana, de Sophia de Mello Breyner Andresen, chegou o momento de compartir impresións a través da gravación de podcasts.
Organizados en pequenos grupos, as alumnas e os alumnos conversaron sobre as historias, compartiron impresións e reflexionaron sobre os personaxes, os valores presentes nas obras e as mensaxes que lles transmitiron. Ao longo da gravación, intercambiaron opinións, formularon preguntas entre eles e defenderon os seus puntos de vista nun ambiente participativo, colaborativo e moi enriquecedor.
A actividade desenvolveuse con moito entusiasmo e permitiulles pór en práctica non só a comprensión das lecturas, senón tamén a expresión oral en lingua portuguesa, a capacidade de argumentación e a escoita activa. Cada podcast converteuse nun espazo de diálogo no que a lectura serviu como punto de partida para compartir ideas, emocións e reflexións.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, que demostra, unha vez máis, que os libros son unha excelente oportunidade para aprender, comunicarse e gozar da lectura en compañía. Parabéns a todo o alumnado pola súa implicación, creatividade e excelente traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario