luns, 7 de abril de 2025

Asistimos a un debate na UVigo

Na mañá de hoxe asistimos á facultade de Dirección e xestión de empresa da UVigo para asistir a un debate entre o alumnado de 3 de Grao. O vindeiro 16 de maio poremos as nosas argumentacións no estrado, competindo con eles e con dous IES da contorna: Los Sauces Pontevedra e República oriental de Vigo.


venres, 4 de abril de 2025

Obradoiros de Benestar e convivencia

Iniciamos o obradoiro de Benestar e convivencia de Biblioteca co último grupo deste curso, e así foi a xornada de hoxe:





Estes obradoiros están realizados pola biblioteca dentro do Plan de Benestar e convivencia dirixido por Vicedirección, co obxectivo de que o alumnado dos catro grupos de 1 ESO se mesture e se coñeza entre si. 


 

Tempos de lectura




Encontro con Miguel Porto

 Na mañá de hoxe o alumnado de 2 ESO asistiu, dentro da programación do Salón do libro, a un encontro con Miguel Porto, ilustrador de Subnormal e profe de BD no Garaxe hermético. Contounos o proceso de xestación da obra e do seu papel como ilustrador dunha historia real tan intensa, e explicounos o porqué dos planos, das cores, da disposición das viñetas... Aprendemos un montón sobre lectura visual! E o mellor de todo, como tod@s leramos o libro no IES, encantounos coñecer de primeira man o traballo creativo que hai detrás dunha BD. Grazas a Miguel pola súa cercanía e ao Salón por prepararnos actividades tan molonas!




martes, 1 de abril de 2025

luns, 31 de marzo de 2025

Recomendacións lectoras polo Día da visibilidade trans (31 de marzo)

Aquí vos quedan algunhas recomendacións lectoras co gallo do Día da visibilidade trans, que se celebra cada 31 de marzo. Pola diversidade!