Amosando publicacións coa etiqueta Educación Plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Plástica. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de maio de 2019

Blackout poetry ou poesía escura




Co fin de achegar a biblioteca do centro á materia de E. Plástica e viceversa, en 1º de ESO propuxemos 2 actividades de desenvolvemento da creatividade  ( Blackout poetry ou poesía escura e Poema-obxecto) tendo en conta o lema Poéticas diversas, que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentou para o curso 2018/2019.
Na primeira, Blackout poetry ou poesía escura, partimos da idea de dar unha segunda vida a libros de expurgo da biblioteca. No noso interese estaba reciclar un soporte para crear unha nova obra. Descontextualizamos o libro repartindo a cada alumno unha folla. Con materiais diversos ceras, rotuladores témperas...fomos tapando, ocultando, o escrito polo autor e, á vez, salientando e revelando palabras que configuraban un texto poético cun significado totalmente diferente ao narrado na súa orixe.
Para conmemorar o Día do Libro e dado o bo resultado, presentamos a actividade ao programa TEI co fin de traballar a actividade conxuntamente entre o alumnado de 1º e 3º de ESO, sendo os/as rapaces/rapazas de 1º quen explicarían a actividade aos seus titores/as

Así foi o proceso:








E o resultado








Poema-obxecto

"O poema-obxecto ofrécese á vista como un enigma visual, descifralo esixe lelo, pero...coidado! Non se propón contar ou entreter, senón marabillar: O seu carácter é poético".
Con esta premisa e vendo a obra de diversos artistas, iniciamos a 2º actividade de achegamento da biblioteca á materia de E. Plástica e viceversa. Dándolle voltas, comezamos elixindo un concepto calquera, e dándolle máis voltas pensamos en obxectos cotiás que puideran ser descontextualizados e que chegaran a definir poéticamente o concepto seleccionado.






venres, 13 de marzo de 2015

ReciclArt

En febreiro, días antes das vacacións de Entroido, en clase de Educación Plástica de 1º de ESO estivéronse a ver e a analizar máscaras dos 5 continentes. Por suposto salientaron as nosas, as espectaculares "pantallas", "cigarróns", "boteiro" e "peliqueiros".
Centráronse nas africanas e descubriron a obra de Romuald Hazoumé, un artista recoñecido internacionalmente, nacido en Porto Novo -República de Benin, que reivindica a cultura ancestral do seu pobo a través do uso de materiais contemporáneos. Recicla obxectos de uso cotián que perderon a súa función, bidóns por exemplo, e reinterpreta as súas raíces á vez que fai unha crítica social e unha denuncia das inxustizas.









Versionando a Romuald Hazoumé, a profesora Margarita Esteban Muñecas formulou un exercicio de reciclaxe e creación artística que despois mostrouse no vestíbulo do instituto. Estas son algunhas das pezas: