Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos colaborativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxectos colaborativos. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2026

Procurando sesgos nos titulares de prensa






Dentro das actividades deseñadas no noso PFPP, o profesorado de lingua castelá estivo traballando a súa proposta a partir da lectura de Nómades. A actividade consistiu en analizar sesgos nos titulares de prensa, que condicionan moito a nosa visión do mundo. Velaquí algunhas das imaxes da xornada.

Ademáis, o alumnado compuxo textos poéticos sobre o tema das migracións a partir da obra escollida:




xoves, 23 de abril de 2026

Plan de formación de profesorado

Seguimos co noso PFPP sobre proxectos interdisciplinarios desde a biblioteca escolar. Hoxe estivemos a preparar actividades de matemáticas, economía, linguas e francés en relación a Nómades, de Xosé Tomás.

luns, 27 de outubro de 2025

Samaín na biblioteca


Durante estes días previos ao Samaín, a nosa biblioteca viu xurdir bruxas, vampiros, caveiras e esqueletos. 

Nesta actividade, organizada polo Departamento de tecnoloxía en colaboración coa biblioteca, o alumnado de 2 ESO creou os seus "gardiáns do saber", bonecos inspirados no Samaín (deseño e manipulación de materiais) xunto a conxuros terroríficos, todos eles relacionados coa lectura, coma o que vos deixamos a continuación:

"Un, dous, tres, ti vas ler,
Tres, dous, un, se non o fas, moito medo pasarás"







luns, 9 de xuño de 2025

Exposición ano Castelao


Con motivo do 75 aniversario do seu pasamento, e a partir da proposta de traballo da Biblioteca (en colaboración cos Departamentos de Lingua e literatura galega e Lingua e literatura castelá), o alumnado de 1ºBacharelato elaborou paneis expositivos sobre a vida e a obra de Castelao. Aquí vos deixamos o traballo escollido para a súa impresión, realizado por Sofía e Emma.

 

venres, 23 de maio de 2025

Proxecto competencial

Na biblioteca estamos de celebración porque no día de hoxe recibimos, para que forme parte da nosa colección, o dosier do proxecto realizado polo alumnado de 4 ESO na materia Proxecto competencial, dirixido pola profesora Pilar de Educación Física. Como non podía ser doutro xeito este ano, o tema xirou arredor do cancioneiro popular, a partir do cal os alumnos e alumnas deseñaron os seus propios xogos. Unha marabilla de traballo que custodiaremos con moito mimo. Parabéns!






martes, 14 de maio de 2019

Blackout poetry ou poesía escura




Co fin de achegar a biblioteca do centro á materia de E. Plástica e viceversa, en 1º de ESO propuxemos 2 actividades de desenvolvemento da creatividade  ( Blackout poetry ou poesía escura e Poema-obxecto) tendo en conta o lema Poéticas diversas, que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional presentou para o curso 2018/2019.
Na primeira, Blackout poetry ou poesía escura, partimos da idea de dar unha segunda vida a libros de expurgo da biblioteca. No noso interese estaba reciclar un soporte para crear unha nova obra. Descontextualizamos o libro repartindo a cada alumno unha folla. Con materiais diversos ceras, rotuladores témperas...fomos tapando, ocultando, o escrito polo autor e, á vez, salientando e revelando palabras que configuraban un texto poético cun significado totalmente diferente ao narrado na súa orixe.
Para conmemorar o Día do Libro e dado o bo resultado, presentamos a actividade ao programa TEI co fin de traballar a actividade conxuntamente entre o alumnado de 1º e 3º de ESO, sendo os/as rapaces/rapazas de 1º quen explicarían a actividade aos seus titores/as

Así foi o proceso:








E o resultado