Amosando publicacións coa etiqueta actividades ALFIN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades ALFIN. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de xuño de 2026

Traballando na biblio coas actividades do proxecto do PFPP

Estes últimos días andivemos a traballar nas propostas deseñadas no PFPP da Biblioteca sobre romper estereotipos sobre as persoas migrantes e aquí vos quedan algunhas imaxes!









xoves, 23 de abril de 2026

Plan de formación de profesorado

Seguimos co noso PFPP sobre proxectos interdisciplinarios desde a biblioteca escolar. Hoxe estivemos a preparar actividades de matemáticas, economía, linguas e francés en relación a Nómades, de Xosé Tomás.

xoves, 9 de outubro de 2025

Nova visita á Radio Pontevedra

Desta volta foi o alumnado de 2 ESO B o que acudiu ás instalacións de Radio Pontevedra para coñecer de primeira man todo o proceso do traballo nunha radio. Agora, toca poñerse mans á obra para a creación do noso podcast!



venres, 28 de marzo de 2025

Radio Xunqueira: un fervedoiro

Na mañá de hoxe a radio da Biblioteca foi un fervedoiro. 

Empezou a traballar o alumnado de 4º ESO que, dirixido pola profesora María Bravo do Departamento de inglés, está a ensaiar os seus podcast en lingua inglesa, desenvolvendo así tanto as súas destrezas na escrita como na oralidade. 

Despois foi o turno do alumnado de 2º ESO, que participará, coordinado polo Departamento de Lingua castelá, no concurso de Radio Pontevedra - Cadena Ser José Hermida, cun podcast no que decidiron imitar a linguaxe e seccións radiofónicas da radio da nosa cidade traballando diversos xéneros periodísticos (noticias, entrevistas e crónicas) e a edición de audio.


venres, 7 de marzo de 2025

Club de debate

Seguimos coa formación do Club de debate cunha xornada sobre a estrutura do debate e a comunicación non verbal, da man de Ignacio Nicolás Fernández da Facultade de Dirección e xestión pública da UVigo.

venres, 31 de xaneiro de 2025

Club de debate

O equipo que participará no VII Torneo de debate académico da Fundación Barrié o martes 4 de febreiro realizou un traballo intenso de investigación, redacción e ensaio dos seus discursos. Desde a biblioteca, agradecemos o seu esforzo e desexámoslles toda a sorte do mundo! 


martes, 26 de novembro de 2024

Inicio Club de debate

Hoxe iniciamos a formación en debate grazas a Alba Formoso, da Fundación Barrié, que nos explicou o proceso e as claves do debate académico e resolveu todas as nosas dúbidas. Agora, toca investigar e documentarse!

luns, 11 de novembro de 2024

Proxecto competencial 4º ESO

O alumnado de Proxecto Competencial de 4º ESO recibiu o xoves 7 de novembro, na biblioteca do noso centro, a visita da xornalista da Voz de Galicia, Sara Carreira, que lles deu as claves tanto para facer unha boa reportaxe xornalística, como para diferenciar os bulos das noticias verdadeiras.

Esta actividade enmárcase dentro do concurso "Periodismo na escola", organizado polo xornal A Voz de Galicia, e no que o alumnado de 4º da materia de Proxecto Competencial vai participar elaborando unha reportaxe sobre o cancioneiro popular galego e a súa difusión entre os máis mozos/as (dirixido por Pilar López, profesora da materia).