Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dinamización. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2026

Plan de formación de profesorado

Seguimos co noso PFPP sobre proxectos interdisciplinarios desde a biblioteca escolar. Hoxe estivemos a preparar actividades de matemáticas, economía, linguas e francés en relación a Nómades, de Xosé Tomás.

Libros que veñen e van

A partir das lecturas incluidas na Caixa de plástica, o alumnado realizou unha proposta alternativa de portada para algúns dos libros traballados. Velaquí os resultados:











venres, 6 de marzo de 2026

Biblioteca + deseño - Viaxe á cretividade

Co gallo do lema das Bibliotecas Escolares deste curso 25/26, a Biblioteca organizou, en colaboración con Ana e África de @Tallerabierto un obradoiro de deseño. 

Traballamos arreo durante tres horas nas que fixemos o plano do IES de memoria, falamos de deseño de obxectos, espazos e logos, redeseñamos as sillas das aulas, medimos o claustro interior e propuxemos un deseño alternativo para este espazo que queremos convertir nun lugar con moita vida (en plano e maqueta).

Aquí vos deixamos as imaxes da xornada. Moitas grazas a Tallera Abierto por esta proposta de traballo tan inspiradora! 


















luns, 2 de marzo de 2026

Obradoiros de benestar e convivencia

Hoxe, o alumnado de 1 ESO tivo unha nova sesión dos obradoiros de benestar e convivencia. Na biblioteca, estivemos a narrar anécdotas persoais para coñecernos mellor e pasámolo xenial!

venres, 20 de febreiro de 2026

Tempos de lectura

Continuamos coas sesións de tempos de lectura en 1 e 2 ESO. Nesta ocasión, non viaxaron os libros ás aulas, senón que o alumnado estivo na biblioteca lendo os materiais seleccionados. Aínda que hai títulos e obras para todos os gustos, estase a crear unha boa canteira de lectores e lectoras de banda deseñada, e nos encanta que se acheguen a este xénero con tantas ganas.













xoves, 12 de febreiro de 2026

Entroido na biblioteca

Achégase o entroido!!! O alumnado de 4 ESO de Expresión plástica gozou hoxe da segunda sesión do Obradoiro de caroutas impartido por @pedrasartesan e organizado por Biblioteca en colaboración con EDLG e o Dpto. de debuxo.