mércores, 24 de febreiro de 2021

Enquisa Hora de Ler

Resutados da enquisa sobre a "Hora de Ler".

Xa temos recopilados os resultados desta enquisa e podémosvolos ofrecer. Velaí van:

O primeiro sería destacar que  o cumprimento da Hora de Ler non é moi bo. Tan só un 29% dos profesores cumpre coa actividade. É certo que si lle sumamos o 42% que a realizan regularmente, as cousas cambian a mellor, pero sen dúbida inda temos marxe para a mellora, sobre todo para tratar de eliminar ese 17% que só a fan á veces e eliminar de todo o 12,5% que non a fan nunca.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Lévase a cabo?. Número de respuestas: 24 respuestas.

En segundo lugar son moitos os alumnos que non teñen lectura. Iso débese en grande medida á imposibilidade de acceder regularmente Ã¡ biblioteca, tal como se facía en anos anteriores, por estar habilitada como aula e polas restriccións derivadas da COVID. Deberiamos buscar o modo de que os alumnos veñan buscar libros á biblioteca, cando esta está aberta e á súa disposición, que é só no recreo. Os profesores encargados da actividade deben insistir niso para que ningún alumno quede sen libro.

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Todo o alumnado ten lectura?. Número de respuestas: 17 respuestas.

En terceiro lugar queremos agradecerlles a súa colaboración a todos os profesores que participaron na enquisa e, especialmente, polas súas suxestións de mellora.


Ningún comentario: