Algo está a pasar no IES que andan as aulas revolucionadas. O próximo 22 de abril teremos a visita de Iñaki Zubizarreta Tellería, protagonista de Subnormal. Una historia de acoso escolar (Dibbuks). En todas as clases (de 1º ESO a 1º Bacharelato) estamos a ler a obra e preparando o encontro. Ademáis, o alumnado de 2º ESO visitará o vindeiro 4 de abril o Salón do libro de Pontevedra para ter unha charla cos ilustradores desta BD (Fernando Llor e Miguel Porto). Intentaremos conseguir que, entre tod@s, poidamos facer do noso centro un lugar mellor!
venres, 28 de marzo de 2025
xoves, 6 de marzo de 2025
Itinerario lector: Novela gráfica
Durante este curso académico, o alumnado de 1 de Bacharelato tivo a oportunidade de escoller, como lectura obrigatoria, unha obra de novela gráfica entre as propostas por Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua castelá e literatura.
Os títulos propostos foron os seguintes:
Altarriba, A. El cielo en la cabeza. Ed. Norma.
Roca, P. La casa. Ed. Astiberri.
Sacco, J. Palestina. En la franja de Gaza. Ed. Planeta DeAgostini.
Altarriba, A. /Kim. El arte de volar. Ed. Edicións del ponent.
Altarriba, A. /Kim. El ala rota. Ed. Edicións del ponent.
Winick, J. Pedro y yo. Ed. Astiberri
Satrapi, M. Persépolis, Ed. Norma
Suk Gendry-Kim, K. Hierba. Ed. Reservoir books
Roca, P. El abismo del olvido, Ed. Astiberri.
Roca, P Los surcos del azar, Ed. Astiberri.
Martín, J. Jamás tendré 20 años. Ed. Norma
Durand, E. Transiciones. Ed. Andana gráfica.
Maroh, J. El azul es un color cálido Ed. Dibbuks.
Lema, B. El cuerpo de Cristo. Ed. Astiberri
De Frutos, C. Vanguardia es una mujer. Ed. Norma.
JDMorvan, Matet, Cesc, Roger - Ginette Kolinka. Adiós, Birkenau. Ed. Norma.
A partir das lecturas realizadas, o alumnado elaborou un traballo no que, ademais de investigar sobre o formato da novela gráfica e sobre os temas tratados, debía realizar unha creación propia.
![]() |
Nerea García, a partir da lectura de Regreso al edén |
![]() |
Ánxela Mayo, a partir da lectura de El ala rota |
mércores, 20 de marzo de 2024
A biblioteca recomenda El duelo de Paula Cheshire
A semana pasada tivemos o pracer de coñecer a Paula Cheshire no marco do Salón do Libro de Pontevedra, e quedamos con ganas de achegarnos á súa obra. Trala lectura de El duelo, non podemos deixar de recomendárvolo. Trátase dunha obra en viñetas e autobiográfica na que a autora explica o proceso vivido trala morte da súa nai por un cancro. É un libro para chorar, empatizar, comprender as emocións dunha filla que perde, inxustamente, á persoa máis importante da súa vida. Mais tamén para rir coas súas ocorrencias, gozar dunhas ilustracións potentísimas e descubrir, con ela, que a arte pode ser unha terapia.
Non nos dá chegado o momento de ler a seguinte: Me das ansiedad. E que veñan moitas máis para seguir gozando da BD de Paula. E da súa especial sensibilidade.
xoves, 14 de marzo de 2024
Todo preparado para a Semana CAM
Na tarde de hoxe, o alumnado do club de cómic e manga traballou arreo para deixar todo preparado para a semana CAM, que dará o pistoletazo de saída o próximo luns. Grazas, rapaces!
xoves, 7 de marzo de 2024
E por fin chega a Semana CAM
Para ver o programa, descarga o cartel e amplía a imaxe!
luns, 25 de abril de 2022
II Semana CAM
Proxecto que nace no Club de Manga e Cómic no curso 2019- 2020 e que conseguiu consolidarse. Durante a semana do 25 ó 29 de abril, realízaronse unha serie de actividades para o alumnado centradas no mundo do manga, cómic e anime. Desde talleres de haikus ó combate Pokemon, rematando cun emocionante Pasapalabra.
A elaboración, distribución e realización do proxecto estivo baixo a dirección dos membros do club, colaborando o Equipo de Biblioteca, o Departamento de Debuxo e Vicedirección.
Durante unha semana distribuíronse as actividades propostas e levadas a cabo nos periodos de lecer e en clases ordinarias. Destacar a alta participación do alumnado e a alta aceptación na enquisa de funcinamento da biblioteca.














