xoves, 12 de novembro de 2026

Lectura de libros de divulgación na biblioteca

Durante os tempos de lectura desta semana, o alumnado de 1 e 3 ESO achegouse á biblioteca nas sesións de Bioloxía e xeoloxía para ler os libros informativos que lles prepararon as súas profesoras. Os libros están a resultar moi interesantes! 






sábado, 7 de novembro de 2026

Todo preparado para a semana da lectura de ciencia!

A próxima semana toca lectura individual nas clases de bioloxía e, para que gocedes dos libros, a biblioteca, en colaboración coas profesoras da materia, seleccionaron os materiais para que escollades. Seguro que vos encantan!

martes, 27 de outubro de 2026

Visita a Radio Pontevedra

Esta mañá o alumnado de 2 ESO visitou as instalacións de Radio Pontevedra para coñecer o proceso de traballo dos xornalistas e asistir a un programa en directo, onde se tratou o tema da desinformación. Aquí vos deixamos algunhas imaxes da xornada:





Pincha aquí para escoitar o podcast! 

Semana global AMI. Infografías del alumnado de 2 ESO sobre identificación de información falsa

Coma todos os anos, con motivo da semana global AMI da UNESCO, o alumnado de 2 ESO traballou na aula sobre a desinformación. Velaquí algúns dos seus traballos:

Traballo de Inés B.

Traballo de Gabriel R.

Traballo de Patricia G.

E se queres saber máis, non perdas estes libros da biblioteca: