luns, 25 de abril de 2022

II Semana CAM

Proxecto que nace no Club de Manga e Cómic no curso 2019- 2020 e que conseguiu consolidarse. Durante a semana do 25 ó 29 de abril, realízaronse unha  serie de actividades para o alumnado centradas no mundo do manga, cómic e anime. Desde talleres de haikus ó combate Pokemon, rematando cun emocionante Pasapalabra.    



A elaboración, distribución e realización do proxecto estivo baixo a dirección dos membros do club, colaborando o Equipo de Biblioteca, o Departamento de Debuxo e Vicedirección.


Durante unha semana distribuíronse as actividades propostas e levadas a cabo nos periodos de lecer e en clases ordinarias. Destacar a alta participación do alumnado e a alta aceptación na enquisa de funcinamento da biblioteca.




Ningún comentario: