Co gallo do lema das bibliotecas escolares deste ano, e en colaboración co EDLG, contamos no noso centro coa presenza de Andrea Bayer, directora, guionista e actriz de teatro, que traballou con nós a expresión dramática e a improvisación. Como vedes nas imaxes, pasámolo realmente ben!
O vindeiro 22 de maio acudiremos con ela ao Teatro Principal de Pontevedra para falar do "teatro por dentro". Moitas grazas a Andrea e ao alumnado participante por unha xornada divertidísima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario