Biblioteca escolar a escena! Hoxe tivemos o privilexio de visitar o Teatro principal de Pontevedra e de coñecer as partes non visibles dende o patio de butacas: o peine, o foso, os camerinos... Ata o técnico de cultura do Concello parouse con nós para contarnos a historia e curiosidades deste edificio emblemático da nosa cidade! Logo, subímonos ao escenario para pasalo en grande coa improvisación. Grazas a Baobab teatro pola súa visita guiada, ao técnico de cultura e a Alberto, técnico do Principal, por esta xornada tan sorprendente. Actividade organizada por Biblioteca en colaboración co EDLG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario