Na mañá de hoxe, o alumnado do Club de Debate de 1 Bacharelato participou no Torneo organizado pola Facultade de Dirección e Xestión pública da UVigo, competindo co alumnado do Grao DXP, o Colexio Los Sauces e o IES República Oriental do Uruguay.
Para iso, ocupamos o salón de plenos do Concello de Pontevedra para debatir sobre "Que é máis eficaz na xestión das emerxencias climáticas, as institucións públicas ou a acción social?". Foi unha xornada intensa que culminou moitas horas de traballo previo do noso equipo. Parabéns a Los Sauces pola súa merecida victoria e ao resto de equipos e ao noso alumnado polas súas brillantes intervencións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario