mércores, 22 de outubro de 2025

24 de Outubro. Día das bibliotecas: "Contra a desinformación, bibliotecas"


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.

O lema deste ano, "Contra a desinformación, bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas na loita contra a desinformación.

Desde a biblioteca do noso centro, levamos xa un tempo propoñendo actividades de alfabetización informacional, para que o alumnado saiba non so acceder á información da rede de forma crítica, senón tamén reelaborar esa información e reseñar as fontes en prol dos dereitos de autoría. Durante este curso, traballamos en 2º ESO co cómic "La invasión de las noticias falsas" de Elise Gravel (Editorial SM) e a partir da lectura, analizamos os intereses detrás dos bulos e realizamos infografías con consellos para identificar a información falsa. Aquí tedes algúns dos traballos realizados:



Infografía de Paio (2º ESO B)


Infografía de Maia (2º ESO B)

Infografía de Leo (2º ESO D)

Ningún comentario: