Hoxe vivimos unha mañá chea de emocións co equipo educativo do Centro Penitenciario de A Lama e dúas internas, que nos falaron da vida no cárcere e o poder reparador das palabras. Contáronnos que a actividade de radio na que participan no seu centro supón para elas un espazo de liberdade e conexión con outras persoas e nos explicaron como realizan os programas que emiten.
Aproveitamos tamén para romper estereotipos sobre o cárcere, facéndolles milleiros de preguntas, e grabamos un podcast que estará dispoñible proximamente no noso blog. Foi unha experiencia impresionante!!! Moitas grazas Paula, Alfredo, Alejandra e Maite pola vosa visita, e agardamos que esta sexa a primeira de moitas!!! Gardaremos o voso agasallo con moito agarimo e buscarémoslle un lugar especial no noso espazo de radio!!!


Ningún comentario:
Publicar un comentario