Varias profesoras do noso I.E.S. asistiron o sábado 17 de outubro, no Pazo da Cultura, ao I Congreso de Radio Escolar, unha xornada de formación para docentes, organizada en colaboración polo CFR e Radio Pontevedra.
Nesta xornada de formación houbo entrevistas, mesas redondas, relatorios, música en directo e obradoiros (creación de podcast, emocións, teatro radiofónico, recursos técnicos, radio inclusiva…). Saímos con moitas ganas de radio!! Velaquí algunhas imaxes da xornada.



Ningún comentario:
Publicar un comentario