xoves, 24 de setembro de 2026

Propostas de clubs de lectura 2026/2027

Estes serán os clubs de lectura que teremos no noso IES durante este curso. 
Anotádevos na biblioteca e, cando pechemos as inscricións, avisaremos da primeira reunión, onde poderedes facer todas as preguntas que queirades sobre o funcionamento de cada un dos clubs:

TECENDO PALABRAS: O club de lectura "Tecendo palabras" está dirixido ó alumnado de 1º e 2º ESO, co fin de achegaŕmonos á lectura dun xeito agradable, participativo e dinámico. Ó longo do curso traballaremos con obras de diferentes xéneros (banda deseñada, libro de relatos, teatro...), o que nos permitirá descubrir diferentes formas de gozar da literatura en galego.

CLUB DE BANDA DESEÑADA E MANGA: Dirixido a todo o alumnado. Leremos todo tipo de cómics e manga. As lecturas serán autónomas e as reunións, quincenais ou mensuais, nunha sesión de recreo, na biblioteca ou na aula de Debuxo Artístico. Descubriremos o universo gráfico creado por algúns/has autores/as e realizar achegas ao debuxo de personaxes.

BANDA DESEÑADA EN FRANCÉS: Este club vai dirixido a alumnado da ESO. Leremos todo tipo de cómics en francés. As lecturas serán autónomas, e reunirémonos mensualmente, ben na aula de idiomas, ben na biblioteca.

IGUALDADE E BENESTAR: Dirixido a todo o alumnado. As reunións serán mensuais, e as lecturas enmarcaranse na temática do feminismo, da igualdade e do benestar social.

PORTUGUÉS: Dirixido a todo o alumnado que comprenda a lingua portuguesa. Traballaremos lecturas simples, con actividades divertidas. As reunións serán mensuais, nunha sesión de recreo, na biblioteca ou na aula de idiomas.

CIENCIA: Para os que lles gusta experimentar. Leremos textos cheos de ciencia, misterios e experimentos. Un libro. Un experimento cada mes. Cero aburrimento.

NOVELA GRÁFICA: Para alumnado que crea que ler non é aburrido. A partir das novelas gráficas imos ler, analizar as imaxes, e pasalo moi ben!

INGLÉS: Se o que che gusta é ler en inglés, ou simplemente queres perfeccionar a túa comprensión lectora neste idioma, este é o teu sitio.

TEATRO: Se che dá vergoña, se es tímido ou extrovertido, este é o teu lugar! O teatro non é para os que saben actuar, senón para os que queren probar, rirse, facer algo diferente e perder a vergoña a falar en público -ou non-. Imos ler pequenos textos do xénero teatral, pero tamén crear e actuar. Se non queres actuar, podes colaborar co guion, vestiario, luces, sonido… As reunións serán no salón de actos.

CINEFÓRUM: Gústache o cine? E a literatura? Pois agradámoste no cinefórum, destinado a alumnado de 4ºESO e BACHARELATO. As reunións serán mensuais.

MIXTO: Para alumnos de BACHARELATO e ollo, para profesorado! Imos compartir lecturas e comentarios. Seguro que resulta unha boa combinación. Anímaste?

Ningún comentario: