Hoxe contamos coa presenza de Cris Vázquez (orientación), Alexandre Ríos (profesor de historia) e Mar García, educadora social que traballa en actividades do Concello, para a grabación definitiva do noso podcast sobre "drogas e adolescencia" e "ultradereita e mocidade". Moitas grazas pola vosa colaboración!
mércores, 4 de marzo de 2026
martes, 3 de marzo de 2026
Visita a Pontevedravivaradio
Hoxe, Pontevedraviva publica a nosa visita ás súas instalacións. Podedes acceder á noticia completa pinchando aquí.
luns, 2 de marzo de 2026
Obradoiros de benestar e convivencia
Hoxe, o alumnado de 1 ESO tivo unha nova sesión dos obradoiros de benestar e convivencia. Na biblioteca, estivemos a narrar anécdotas persoais para coñecernos mellor e pasámolo xenial!
venres, 27 de febreiro de 2026
Recomendacións do alumnado de 2º ESO B (Caixa de tempos de lectura, lingua e literatura castelá)
xoves, 26 de febreiro de 2026
Biblioteca + deseño - Viaxe á creatividade
A partir do lema das Bibliotecas escolares de Galicia deste 2026, propoñémosvos un obradoiro de achegamento ao deseño de espazos, da man das arquitectas de Taller Abierto. Anotádevos na biblio ata o 4 de marzo. As prazas son limitadas!
mércores, 25 de febreiro de 2026
Novos paneis expositivos
Hoxe recibimos a Anxo e Ricardo, exalumnos, xunto ao seu profe de madeiras, Juan Antonio, que nos entregaron os encargos que lles fixeramos. Precisabamos paneis expositivos a medida para a biblioteca, e aquí está o resultado. Moitas grazas polo voso traballo, rapaces!









.png)


















